Alfredo Buxán

 

Axóuxeres

 

 

 

 

 

A bolboreta

fai unha cabrioliña

e xa non volve.

 

 

Na noite espida

o lumeiro da lúa

na tua ollada.

 

 

A voz do vento

cando agóchase a lúa

canta na eira.

 

 

Campo de estrelas

debaixo das pálpebras

na noite núa.

 

 

No camposanto

escóitase o teu riso

cando chegamos.

 

 

Doce milagre

nos meus ollos canseiros

o vagalume.

 

 

O mar da noite

deixa un fío de escuma

nos pés dun neno.

 

 

Faise de noite

no corazón da terra.

A xente cala.

 

 

Na fraga escura

escóitase o latexo

do fuxitivo.

 

 

O lume deixa

na ollada dos rapaces

a inmensidade.

 

 

O que non durme

deixa aberta a gaiola

do pensamento.

 

 

Rumor da pedra.

O tempo fai a conta

da vida eterna.

 

 

 

Estos haikus pertenecen al cuaderno de Alfredo Buxán

La canción del aire, Cadernos de néboa / Cuadernos de niebla 6, 2014.

 

Fueron colgados en el Portal de poesía a los cuatro

días andados del mes de septiembre

de dos mil catorce.